Galicia Escena pro

Esta semana estivemos no Galicia Escena Pro presentando a nosa comedia Cinco Mulleres Que Comen Tortilla. Neste caso, tivemos a oportunidade de dar coñecer aos programadores a nosa proposta de cara á próxima tempada mediante o formato pitching, así como coñecer moitos dos proxectos doutros compañeiros de profesión.

Coido que moitos estiveron interesados na nosa montaxe e verémonos pronto en varias vilas de Galicia. Estade atentos as datas!