A compañía

Señora Supina é unha compañía teatral nada en Vigo no ano 2016 e gañadora dun premio Xuventude CREA 2017.

Equipo supino

Señora Supina somos Alba Outeda, Nola Drake, Vanesa Regengo, Raquel Ferraz, Javier Lojo, Gabi Modesto e Laura Quintas.
Somos profesionais da interpretación, da dirección escénica e da escenografía formados na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), lugar onde nos coñecimos e onde decidimos emprender a viaxe de crear unha compañía coma esta.

Buscamos explorar campos de expresión artística no teatro galego empregando o humor como ferramenta, así como temáticas pouco habituais nos circuítos teatrais de Galicia.

Vanesa Regengo

Escenógrafa

Alba Outeda

Actriz

Gabi Modesto

Actriz

Nola Drake

Actriz

Laura Quintas

Actriz

Javier Lojo

Director

Raquel Ferraz

Actriz

  • É dese teatro no que o xogo e o encontro coas espectadoras e os espectadores están en primeiro termo. Un espectáculo sen pretenciosidade, que ofrece o que pode ofrecer e que o fai con total entrega e convicción.
    Unha peza que busca unha diversión liberadora e revitalizante, nunha estética camp plenamente asumida por todo o equipo artístico, e conségueno.
    Hai que recoñecerlles o atrevemento! Non é fácil transitar a estética camp e darlle o fol preciso de comedia! E saen vitoriosas do empeño con brillantez.

    Afonso Becerra – Crítico teatral