🥚 Cinco mulleres que comen tortilla 🥚

Cinco Mulleres Que Comen Tortilla | Señora Supina

  • DURACIÓN APROXIMADA: 80 minutos
  • TIPO DE PÚBLICO : Adulto e adolescentes
  • IDIOMA: Galego

CINCO MULLERES QUE COMEN TORTILLA

AUTORES: E. Linder e A. Hodgoob
DIRECCIÓN: Javier Lojo
REPARTO: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Gabi Modesto e Raquel Crespo
ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: Vanesa Regengo
DESEÑO GRÁFICO: La Ceja – Agencia de comunicación
ASESORIA COREOGRÁFICA: Beba Galloso

🏆 II Premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia na categoría de teatro.

Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entra pola porta, asignándolle a cada persoa un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas de Susan B. Anthony.

Sinopse

Ano 1956, América. A Sociedade de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional Concurso Anual de Tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo, o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade.

Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.

A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta  exitosa comedia internacional que foi estreada en Chicago antes de formar parte do New York Fringe, converténdose nun éxito absoluto do Off-Broadway e atrapando a milleiros de espectadores de Estados Unidos dende entón. Son moitos os países que acolleron a esta irmandade, acadando enorme éxito en Reino Unido, Australia e, en España, coa versión en castelán.

O que dixeron da obra

«É dese teatro no que o xogo e o encontro coas espectadoras e os espectadores están en primeiro termo. Un espectáculo sen pretenciosidade, que ofrece o que pode ofrecer e que o fai con total entrega e convicción.
Unha peza que busca unha diversión liberadora e revitalizante, nunha estética camp plenamente asumida por todo o equipo artístico, e conségueno.
Hai que recoñecerlles o atrevemento! Non é fácil transitar a estética camp e darlle o fol preciso de comedia! E saen vitoriosas do empeño con brillantez.»

AFONSO BECERRA – CRÍTICO TEATRAL

«Una agradable dosis de feminismo combinada con la lucha lésbica y sobre todo mucha comedia.»

ÁNGEL VILA – METROPOLITANO

«Uno de los prodigios de esta comedia, paródica y casi circense, con sketches estrambóticos, es que el elenco consigue generar euforia en el público, como si estuviésemos en un concierto de rock, en un partido de fútbol o, mejor aún, en el Festival de Eurovisión. Porque al regusto pop y retro, casi vintage, hay que sumarle el rollo petardo que se traen.

ARTEZBLAI

Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad