Quen somos e que facemos
Señora Supina somos Alba, Nola, Raquel, Vanesa, Gabi, Javier e Raquel C.
Creamos a compañía no 2017 co espectáculo Cinco mulleres que comen tortilla co que gañamos un premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia. Cremos firmemente que o humor é unha ferramenta poderosa de compromiso e entretemento por iso apostamos por facer desfrutar ao público dende que entra pola porta do teatro.
Os nosos espectáculos están pensados para un público adulto e adolescente, pero tamén temos montaxes para os máis cativos como A Cabana de Madame Camellia, onde buscamos conxugar a intelixencia emocional e a dinamización á lectura.
Leave a Comment