No Golfo

NO GOLFO

AUTOR: Audrey Cefaly
REPARTO: Alba Outeda e Raquel Ferraz
DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN: Javier Lojo
ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: Vanesa Regengo
TRADUCIÓN: Raquel González
ASESORAMENTO TÉCNICO: Diego Rodríguez
DESEÑO GRÁFICO: La Ceja – Agencia de Comunicación
PRODUCIÓN: Señora Supina
COLABORA: Concello de Gondomar

Sinopse

Nunha abafante tarde de verán, Kendra e Bea pasan o tempo na procura de peixes. Seis anos despois de comezar a súa relación, as tensións e as paixóns estoupan cando a parella enfrontase as infidelidades pasadas, aos cambios de vida e a loitas laborais. Cando o motor da súa lancha rompe e as deixa varadas en augas abertas, baixo os ceos escuros, a parella vese obrigada a loitar coa crecente distancia entre elas e decidir cara onde irá a súa vida en común.

Todo o tempo xuntas nun bote de pesca, decididas a reforzar o vínculo que as une e coa esperanza dunha relación romántica que poida facer que os seus mundos non se sintan incompletos. Unha loita entre a honestidade e o amor na que se subliña a vulnerabilidade e o egoísmo dunha relación que tenta sobrevivir no abismo.

  • DURACIÓN APROXIMADA: 85 minutos
  • TIPO DE PÚBLICO: adulto
  • XÉNERO: comedia dramática
  • IDIOMA: Galego

Descargar dossier informativo

Descargar dossier informativo

Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad