A compañía

Señora Supina somos Alba, Nola, Raquel, Vanesa, Gabi, Javier e Raquel C.

Creamos a compañía no 2017 co espectáculo Cinco mulleres que comen tortilla co que gañamos un premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia. Cremos firmemente que o humor é unha ferramenta poderosa de compromiso e entretemento por iso apostamos por facer desfrutar ao público dende que entra pola porta do teatro.

Os nosos espectáculos están pensados para un público adulto e adolescente, pero tamén temos montaxes para os máis cativos como A Cabana de Madame Camellia, onde buscamos conxugar a intelixencia emocional e a dinamización á lectura.

Humor

Cremos no humor como ferramenta e motor de cambio. Queremos entreter ó público e roubarlle unha gargallada.

Emoción

O teatro sen emoción non é teatro e por iso traballamos para chegar ó espectador e conmover.

Compromiso

O noso teatro pensa nas liberdades, na intelixencia emocional, nos dereitos LGBTI, na educación…

Universalidade

Facemos un teatro universal e pensado para chegar a todos os públicos… Dende cativos a adultos.

Quen somos

Javier Lojo - Director de escena

Javier Lojo

Director de escena
Vanesa Regengo - Escenógrafa e arquitecta

Vanesa Regengo

Escenógrafa e iluminadora
Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad