Javier Lojo
Director de escena
Javier Lojo (Pontevedra, 1990) É titulado en Dirección de Escena e Dramaturxia pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Burgos e Máster en Marketing Dixital e Social Media pola Universidad Complutense de Madrid.
Ten dirixido pezas para a compañía Feira do Leste como Ventás entreabertas (2018) ou A incerteza dos soños (2018); así coa compañía Señora Supina na obra gañadora dun premio Xuventude CREA, Cinco mulleres que comen tortilla (2017) e o infantil A cabana de Madame Camellia (2018). No 2016 foi axudante de dirección da coprodución teatral internacional O Mundo Persistente de Fernando Epelde, dirixida por Tito Asorey e coproducida polo Teatro Nacional Dona María II de Lisboa, Teatro Nacional Sao Joao de Porto e o Centro Dramático Galego.
Como produtor, ten traballado en montaxes como Tras Tannhäuser de Feira do Leste ou no piloto da serie Qwerty (2012) do director David Castro. Tamén participou na dirección e montaxe de pezas de radioteatro para o programa A Pegada do Eco.
Formación
Cursos
Experiencia artística
Teatro
Audiovisual
Proxectos
Idiomas
Galego ★★★★★
Castelán ★★★★★
Inglés ★★☆☆☆
Francés ★☆☆☆☆