Vanesa Regengo

Vanesa Regengo - Escenógrafa e arquitecta

Arquitecta licenciada pola Universidade de A Coruña no ano 2008, desde que comezou os seus estudos ata o día de hoxe o seu interese laboral centrouse principalmente na resolución de proxectos espaciais de diversa tipoloxía e carácter, así como a xeración dos soportes necesarios para a comprensión dos mesmos.
Leva máis de dez anos traballando no seu propio despacho e colaborando con outros estudos realizando diversos proxectos de obra nova e reforma, concursos, traballos de investigación, deseño de exposicións, etc.
Ten formación en escenografía pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e actualmente compaxina o seu traballo como arquitecta e escenógrafa co estudo das novas posibilidades da realidade virtual no deseño espacial.

Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad