🔮 A cabana de Madame Camellia 🔮

A CABANA DE MADAME CAMELLIA

DIRECCIÓN: Javier Lojo
REPARTO: Nola Drake e Alba Outeda.
ESPAZO ESCÉNICO: Señora Supina
DESEÑO CARTAZ: Nola Drake

Teas coloridas colgadas do teito, coxíns espallados polo chan, trebellos curiosos, caixas e maletas estrañas enchen a cabana de Madame Camellia.

Unha carpa portátil na que se desenvolve toda a peza xerando un espazo inmersivo no que os cativos poderán desfrutar de historias contadas a través do teatro de monicreques, sombras e apoiadas na narración oral tradicional.

A peza susténtase no traballo da educación emocional e o recoñecemento dos sentimentos. Os cativos descubrirán un espazo acolledor onde fluen atmosferas diferentes grazas a iluminación e a música que permiten entrar noutros mundos e descubrir as excentricidades de Madame Camellia e a súa axundante Clara.

A cabana de Madame Camellia pódese instalar tanto en interior coma en exterior aínda que recoméndase facelo baixo teito.

Sinopse

A cabana de Madame Camellia é un espazo cheo de misticismo, de pasado, futuro e presente das emocións. A vidente Madame Camellia e a súa axudante Clara, percorren as vilas en busca de historias e de persoas que queiran coñecer a lectura das runas, dos pousos do café, da bola de cristal e das engurras das mans.

As malas enerxías do día a día e a tristura de Camellia está a anubrar as súas capacidades adiviñatorias e non consegue visualizar o futuro dos seus clientes.
Unha historia na que Madame Camellia terá que procurar as boas enerxías grazas as historias que leva as suas costas e coa axuda dos visitantes á súa cabana.

  • DURACIÓN APROXIMADA: 50 minutos
  • TIPO DE PÚBLICO : de 3 a 7 anos
  • IDIOMA: Galego
  • DIMENSIÓNS: 6m x 4m x 3m (largo x ancho x alto)

Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad