Tag: Señora Supina

Campaña #NonNosCanceles

Sumámonos á campaña #NonNosCanceles

Ante a situación de crise provocada polo COVID-19 e o aprazamento das funcions programadas, o sector cultural galego creou a campaña #NonNosCanceles. Os profesionais reclarmamos, desta maneira, que non se cancelen actividades, senón que intenten reprogramarse.

Co cancelo común #NonNosCanceles, profesionais dos máis diversos ámbitos culturais, chamamos a manter as contratacións e a amortecer o impacto do sector na actual crise sanitaria, trasladando as datas das programacións previstas neste período no canto de as cancelar.

Dende Señora Supina sumámonos a este movemento en redes sociais e solicitamos o apoio dos programadores culturales para que protexan o sector teatral.

 

Señora Supina presenta o pregón das festas de Meis

A compañía presenta o pregón das festas de Meis

A Gala do Pregón das festas de Meis na que Cándido Pazó será o pregoeiro contará coa presentación de Señora Supina. Unha marabillosa antesala da popular Festa dos Callos dentro da celebración do San Bieito.

O evento celebrarase no salón de actos do Concello de Meis ás 21.30 horas do venres día 6 de xullo. A compañía decidiu apostar pola comedia nunha historia creada en exclusiva para este acto no que as protagonistas deberán atopar o segredo dos callos afrodisíacos.

Galicia EscenaPro | Teatro galego | Comedia | Cinco Mulleres Que Comen Tortilla | Señora Supina

Cinco mulleres que comen tortilla no Galicia EscenaPro

Esta semana estivemos no Galicia Escena Pro presentando a nosa comedia Cinco Mulleres Que Comen Tortilla. Neste caso, tivemos a oportunidade de dar coñecer aos programadores a nosa proposta de cara á próxima tempada mediante o formato pitching, así como coñecer moitos dos proxectos doutros compañeiros de profesión.

Coido que moitos estiveron interesados na nosa montaxe e verémonos pronto en varias vilas de Galicia. Estade atentos as datas!

Señora Supina, premio Xuventude CREA 2017 de Teatro

Señora Supina gaña o premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia

Vimos de gañar o 2º premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia na categoría de Artes Escénicas coa comedia Cinco mulleres que comen tortilla. Unha ledicia para unha compañía tan noviña como a nosa!

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela entregounos o premio durante unha gala celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entra pola porta, asignándolle a cada persoa un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas de Susan B. Anthony.

Señora Supina na gala de premios Xuventude CREA 2017
Premios Xuventude CREA 2017
null

VER

Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad