Category: Eventos

Mendoza Babiano no Museo de Pontevedra e Señora Supina

As Mendoza volven á vida da man de Señora Supina e o Museo de Pontevedra

A compañía viguesa Señora Supina é a encargada de encarnar ás irmás Mendoza nunha teatralización que complementa a exposición De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra, organizada polo Museo de Pontevedra no Edificio Castelao.

A exhibición amosa as vivencias de tres mulleres dunha das familias burguesas máis coñecidas de Pontevedra, a Méndez-Núñez, nunha viaxe no tempo a unha historia relativamente recente da cidade. Trátase das últimas moradoras do Palacete das Mendoza —Carmen e as súas fillas Concha e María—, que tiñan un grande gusto pola música e os idiomas e eran anfitrioas de continuas veladas culturais e intelectuais.

As actrices de Señora Supina, Alba Outeda e Raquel Ferraz póñense na pel de Concha e María para achegar ao público a historia do palacete, as receitas de cociña da época ou os gustos culturáis e de estilo da sociedade de primeiros do século XX nunha pequena peza de 20 minutos que complementa a exposición. Poderá verse todos os sábados do 24 de febreiro ao 24 de abril en pases de 17.30 horas e 19.00 horas.

Las Mendoza Babiano no Museo de Pontevedra e Señora Supina

Campaña #NonNosCanceles

Sumámonos á campaña #NonNosCanceles

Ante a situación de crise provocada polo COVID-19 e o aprazamento das funcions programadas, o sector cultural galego creou a campaña #NonNosCanceles. Os profesionais reclarmamos, desta maneira, que non se cancelen actividades, senón que intenten reprogramarse.

Co cancelo común #NonNosCanceles, profesionais dos máis diversos ámbitos culturais, chamamos a manter as contratacións e a amortecer o impacto do sector na actual crise sanitaria, trasladando as datas das programacións previstas neste período no canto de as cancelar.

Dende Señora Supina sumámonos a este movemento en redes sociais e solicitamos o apoio dos programadores culturales para que protexan o sector teatral.

 

Día Mundial do Teatro 2020

Un ano máis celebramos o Día Mundial do Teatro pero coa diferencia de ter que pasalo cos teatros pechados pola crise do COVID-19. Agardamos voltar pronto a desfrutar do noso oficio xunto co público. Rir, chorar, emocionarnos e desfrutar.
«Que veñan por nós por cometermos o delito de compartir a gargallada coa veciñanza, coas compatriotas, co público bo e xeneroso, atoparannos á beira do mar, nel non prendemos, e se o lume prende o teatro é a almadía salvavidas que nunca naufraga, sempre aboia, e non precisa de estruturas complexas para transmitilo, para compartilo, para conservalo.» Isabel Risco, Manifesto Día Mundial do Teatro 2020.
Señora Supina presenta o pregón das festas de Meis

A compañía presenta o pregón das festas de Meis

A Gala do Pregón das festas de Meis na que Cándido Pazó será o pregoeiro contará coa presentación de Señora Supina. Unha marabillosa antesala da popular Festa dos Callos dentro da celebración do San Bieito.

O evento celebrarase no salón de actos do Concello de Meis ás 21.30 horas do venres día 6 de xullo. A compañía decidiu apostar pola comedia nunha historia creada en exclusiva para este acto no que as protagonistas deberán atopar o segredo dos callos afrodisíacos.

Galicia EscenaPro | Teatro galego | Comedia | Cinco Mulleres Que Comen Tortilla | Señora Supina

Cinco mulleres que comen tortilla no Galicia EscenaPro

Esta semana estivemos no Galicia Escena Pro presentando a nosa comedia Cinco Mulleres Que Comen Tortilla. Neste caso, tivemos a oportunidade de dar coñecer aos programadores a nosa proposta de cara á próxima tempada mediante o formato pitching, así como coñecer moitos dos proxectos doutros compañeiros de profesión.

Coido que moitos estiveron interesados na nosa montaxe e verémonos pronto en varias vilas de Galicia. Estade atentos as datas!

Neste sitio web empregamos cookies. Podes ver aquí a    Política de cookies
Privacidad