Día Mundial do Teatro 2020

Un ano máis celebramos o Día Mundial do Teatro pero coa diferencia de ter que pasalo cos teatros pechados pola crise do COVID-19. Agardamos voltar pronto a desfrutar do noso oficio xunto co público. Rir, chorar, emocionarnos e desfrutar.
“Que veñan por nós por cometermos o delito de compartir a gargallada coa veciñanza, coas compatriotas, co público bo e xeneroso, atoparannos á beira do mar, nel non prendemos, e se o lume prende o teatro é a almadía salvavidas que nunca naufraga, sempre aboia, e non precisa de estruturas complexas para transmitilo, para compartilo, para conservalo.” Isabel Risco, Manifesto Día Mundial do Teatro 2020.