Señora Supina gaña o premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia
Vimos de gañar o 2º premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia na categoría de Artes Escénicas coa comedia Cinco mulleres que comen tortilla. Unha ledicia para unha compañía tan noviña como a nosa!
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela entregounos o premio durante unha gala celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entra pola porta, asignándolle a cada persoa un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas de Susan B. Anthony.
Leave a Comment